Publicacións

CLASES DE PREPARACIÓN PAU: COMEZAMOS LUNS 19!

O horario que propoño para as clases de preparación das PAU é o seguinte:        2º BAC B : Luns e Xoves, de 12:20 a 13:10h       2º BAC D : Luns e Xoves, de 13:10 a 14h Aproveito para recordarvos que é imprescindible que veñades, porque temos que explicar os temas que deixamos sen ver durante o curso e reforzar algúns aspectos prácticos da proba. Vémonos o luns!

NOTAS FINAIS E RECUPERACIÓNS

Como a Consellería de Educación tivo a ben suspender hoxe a actividade lectiva e como mañá non teño clase con ningún dos dous grupos, vinme na necesidade de comunicarvos por mensaxe da Aula Virtual quen debe presentarse á recuperacións e, no seu caso, que avaliación(s) deberá recuperar.  Ás persoas que xa tedes a materia superada non vos enviei nada, para axilizar o proceso. O exame será, como vos indico na mensaxe, case con toda a seguridade, o xoves día 8 na hora de clase (en 2º bac B colleríamos o recreo, igual que fixemos no exame de avaliación), conforme ao horario de cada grupo, a menos que me permitan facérvolo aos dous grupos simultaneamente, que sería o ideal. Nese caso, habería que concretar horario, pero, de todas as formas sería o xoves día 8 a algunha hora (que logo acordaríamos) a partir das 12:20. 

CRITERIOS DE AVALIACIÓN EXAME 3ª AVALIACIÓN

Os criterios de avaliación do exame da 3ª avaliación foron publicados na Aula Virtual. Podedes consultalos no seguinte enlace:  https://www.edu.xunta.gal/centros/iesalfredobranas/aulavirtual/mod/feedback/view.php?id=29180

LITERATURA: TEMA 11 (NON ENTRA NO EXAME)

 A NARRATIVA A FINAIS DO S. XX E PRINCIPIOS DO S. XXI https://www.dropbox.com/scl/fi/oi7oebndr3kcpmk2gcv1j/TEMA-11-LT.pdf?rlkey=yr6scrswol0v0gk5t9qq7wyqu&st=ywucpfsy&dl=0

DESCUBERTA POÉTICA

Imaxe
               nota biográfica: Recital de Mario Obrero no transcurso de "Poetas en Mayo - Poetak Maiatzean 2024" (a primeira media hora corresponde a unha entrevista e a partir de aí comeza o recital: todo vale a pena!) https://www.youtube.com/watch?v=tYouBtFlM90 No seguinte link, outra entrevista, esta vez escrita  https://www.informacion.es/arte-letras/2023/12/09/mario-obrero-poesia-lugar-vencidos-95630980.html E, aquí, máis poemas (ou o que sexa):    https://circulodepoesia.com/2022/04/poesia-espanola-mario-obrero/

LINGUA: TEMA 6

SINTAXE 1. Contidos https://www.dropbox.com/scl/fi/zca2k7m76dendjj97lgk2/Sintaxe-1_intro.pdf?rlkey=4vdtrag8rjqj4emvwmlxn2fen&st=l1phl4vh&dl=0 https://www.dropbox.com/scl/fi/yhu1m0jrxwn9uzuwqqt2h/SINTAXE-2.pdf?rlkey=cm1g6xqgdz9tsrclr04ll26j7&st=0ep5z5x4&dl=0 https://www.dropbox.com/scl/fi/9lxttunoeffoqukf3sf5n/Sintaxe-3.pdf?rlkey=iw4z2td5c0zr5vyr2jri2ckvo&st=kuggxaxe&dl=0 https://www.dropbox.com/scl/fi/d3g04sphb4p4snj84mwmf/SINTAXE-4.pdf?rlkey=q254dzthyudy3syybgikg1pi3&st=fe9mrceq&dl=0 https://www.dropbox.com/scl/fi/0snj9izb5313j2t8hbeyh/Resumo-sintaxe.pdf?rlkey=yqlftlzqaen641s4zpnzr6a7n&st=dw1d8vkj&dl=0 https://www.dropbox.com/scl/fi/mrgumbxw9hknrqqoxneer/Pronomes-e-sintaxe.pdf?rlkey=5ul8lqzaz61m0xbd1xekrlbdp&st=76whij2v&dl=0 Aqui, dous vídeos sobre o uso da preposición A co CD: https://www.youtube.com/watch?v=S1-AdLXctOQ https://www.youtube.com/watch?v=mQUsrxlZhL0 2. Proposta de actividades Realizaremos as actividades propostas nos docum...